Unha breve historia do tempo
Unha breve historia do tempo | |
---|---|
Título orixinal | A Brief History of Time |
Autor/a | Stephen Hawking |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | (en inglés) |
Tema(s) | cosmoloxía |
Xénero(s) | divulgación científica e ensaio |
Editorial | Bantam Books Universidade de Santiago de Compostela |
Data de pub. | 1988 2018 |
ISBN | ISBN 978-84-16954-92-6 |
Tradución | Jorge Mira |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unha breve historia do tempo[1] é un libro de divulgación científica escrito por Stephen Hawking en Lingua inglesa co título orixinal de A Brief History of Time: From the Big Bang to Black Holes, e publicado en 1988.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O tema principal do que fala este libro é a natureza do Universo e a importancia do tempo. Fala sobre o tempo, onde se encontran os buratos negros, o principio de incerteza, o espazo e o tempo (Teoría da relatividade) e a unificación da física. Trata sobre a evolución que sufriu o noso Universo; o seu pasado, presente e futuro.
Resumo por capítulos
[editar | editar a fonte]Capítulo 1
[editar | editar a fonte]Fai un resumo dos diferentes modelos do universo a través do tempo pasando pola imaxe antiga de que a Terra era plana ata a descrición que fan os científicos actuais do universo mediante dúas teorías fundamentais: a teoría da relatividade xeral e a mecánica cuántica, e os esforzos da física actual pola busca dunha teoría que incorpore as dúas anteriores: unha teoría cuántica da gravidade.
Capítulo 2
[editar | editar a fonte]Trata das teorías do movemento de Newton, do espazo absoluto, do tempo absoluto, de como a teoría da relatividade rematou co concepto do tempo absoluto, da teoría da relatividade especial e como resulta inconsistente coa teoría da gravitación de Newton e da teoría da relatividade xeral de Einstein.
Capítulo 3
[editar | editar a fonte]Describe a evolución das teorías da expansión constante do universo.
Capítulo 4
[editar | editar a fonte]Presenta a doutrina do determinismo en contraposición co principio de incerteza, de onde xorde a mecánica cuántica, que, de acordo a Hawking, podería unificarse coa relatividade xeral por medio dunha teoría completa. Aínda cando a dita teoría aínda non existe, si se coñecen algunhas das características que debe posuír.
Capítulo 5
[editar | editar a fonte]Explica dende a crenza de Aristóteles de que a materia era infinitamente divisible, pasando polo átomo e máis recentemente o descubrimento de partículas cada vez máis pequenas chegando ao quark e explica as teorías das partículas portadoras de forza, nas súas catro categorías e o que estas implican na comprensión do universo.
Capítulo 6
[editar | editar a fonte]Detalla o xeito de como se forman os buratos negros e como se podería pensar en que estes poderían considerarse o fin do tempo.
Capítulo 7
[editar | editar a fonte]Formula o comportamento da luz con respecto á fronteira do burato negro. Menciona a segunda lei da termodinámica, e relata como paulatinamente foi chegando a cálculos matemáticos para explicar que os buratos negros emiten partículas e radiacións coma se fosen un corpo quente e polo tanto emiten algo de luz.
Capítulo 8
[editar | editar a fonte]Cuestiónase acerca da orixe e o destino do universo, facendo alusión a crenzas teolóxicas e a dificultade de conciliar estas cos descubrimentos e teorías científicas máis recentes.
Capítulo 9
[editar | editar a fonte]Analiza a evolución do concepto de "tempo", dende o tradicional pasando polo tempo "imaxinario" e as chamadas frechas do tempo que distinguen entre o pasado e o futuro.
Capítulo 10
[editar | editar a fonte]Formúlase a conveniencia de integrar a unificación da física, mediante unha teoría consistente e completa que integre as diferentes ramas do coñecemento humano.
Capítulo 11
[editar | editar a fonte]Presenta as conclusións do autor e a súa inquietude de integrar o pensamento filosófico co científico ata chegar a unha teoría completa comprensible para calquera ser humano.
Edicións
[editar | editar a fonte]O libro foi traducido ao galego polo físico Jorge Mira, e publicado pola Universidade de Santiago de Compostela en 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Unha breve historia do tempo". 17-9 2018. Consultado o 17 Setembro 2018.